Ir directamente a la información del producto
Simulación de Cartel personalizado con QR para recensións · exemplo 1

Cartel con QR para recensións personalizado

€19,95 EUR

🌟 Os teus clientes deixan a súa opinión cun aceno
📝 Deseño editorial en oliva e crema
🪵 Contrachapado impreso en cor con peana incluída

Cartel de recensións de Google con QR para o teu negocio

Un cliente contento case nunca deixa unha opinión se ten que buscar o teu negocio no móbil. Se a ten a un aceno, si. Este cartel de recensións de Google leva un código QR coa ligazón de recensións que nos indiques, para que os teus clientes escaneen e escriban a súa opinión antes de saír pola porta.

Un deseño editorial en oliva e crema

O cartel ten un estilo editorial, sobrio e coidado, en tons oliva e crema, que encaixa coa imaxe dunha tenda, un restaurante, unha perruquería ou un despacho. Non parece un aviso pegado con celo: é unha peza que queda ben xunto á caixa ou na recepción.

A túa ligazón de recensións no código

Personalizamos o QR de recensións de Google coa ligazón que nos dés, normalmente a da túa ficha de empresa para deixar unha opinión. Se preferes outra plataforma, o código pode levar esa ligazón. Personalizamos o deseño para o teu pedido e preparámolo listo para colocar.

Contrachapado impreso en cor, con peana

É unha placa de contrachapado de 3 mm con impresión en cor, e a peana de madeira vén incluída para que quede de pé sobre o mostrador, unha mesa ou unha estantaría, sen parafusos nin adhesivos.

Pedir unha opinión deixa de ser incómodo

As opinións doutros clientes axudan a que quen non te coñece se decida a entrar. Co cartel de recensións de Google no punto de pagamento, na mesa dun restaurante ou na sala de espera dunha clínica, pedir unha opinión é tan fácil como sinalar o cartel. Funciona igual en hoteis, ximnasios, talleres ou academias.

Se queres colocar un QR de recensións de Google en varios puntos do local, pide varias unidades coa mesma ligazón. Atoparás máis ideas na nosa colección de regalos publicitarios e corporativos.

Preguntas frecuentes

Que ligazón leva o cartel de recensións de Google?
A que nos indiques, normalmente a da túa ficha de empresa para deixar unha opinión. Tamén pode levar a ligazón doutra plataforma.

Como o usan os meus clientes?
Escanean o código coa cámara do móbil e chegan directamente á páxina para escribir a súa recensión.

Onde coloco o QR de recensións de Google?
Xunto á caixa, na recepción ou nas mesas. Inclúe unha peana de madeira para deixalo de pé.

Podo pedir varios iguais?
Si, podes pedir varias unidades coa mesma ligazón para distintos puntos do local.

Poderían gustarche