Dúas madeiras, dous caracteres
Podes escoller entre dous tipos de rodaxa:
- Fresno, duns 15 a 18 cm, coa codia máis grosa e bastante máis peso. É a que recomendamos se queredes deixar o tronco exposto na casa despois da voda.
- Paulownia ou kiri, duns 15 a 19 cm, unha madeira tan lixeira que pesa case como a cortiza. Moi cómoda se a vai levar un neno ou unha nena no cortexo.
Como é madeira natural, a medida varía un pouco dunha peza a outra e as vetas cambian en cada rodaxa. Esa variación é precisamente o que a fai única.