A túa frase, gravada ou en cor
A placa é redonda e mide 20 cm de diámetro. Escribe a frase que queiras: uns bos desexos para quen se xubila, un «grazas» ao equipo de planta, unha lembranza para quen cambia de traballo ou unha petición aos padriños. Personalizámola de dous xeitos. Con gravado láser, o texto queda nun só ton sobre a madeira, sobrio e moi natural. Con impresión en cor, a frase ou un pequeno debuxo vense coas súas cores.