O xusto para a garda
Mide 29 cm de alto, 24 cm de ancho e 10 cm de fondo. Cabe o que se pide nesta etapa, a muda de reposto, o cueiro ou a merenda, sen que a mochila lle veña grande. Os tirantes regúlanse e a asa de arriba serve para colgala no colgadoiro ou para que a leves ti cando se cansa á saída.