Lapis rústicos de verdade
A súa construción é rústica, coa madeira á vista e un aspecto natural que encaixa con decoracións de campo, boho ou vintage. A punta de grafito escribe de verdade, así que se poden usar para asinar o libro de convidados ou escribir unha dedicatoria. Eso si, polo seu carácter artesanal non están pensados para longas xornadas de escritura: non vas escribir a túa próxima novela con eles, pero si gardalos como lembranza.