Que é un boneco de apego
Un boneco de apego, ou doudou, é un peluche brandiño que o bebé asocia coa calma e coa súa familia. Convértese no seu compañeiro para durmir, para as sestas fóra da casa ou para o primeiro día na escola infantil, e axúdao a sentirse seguro cando papá ou mamá non están ao seu carón. Moitas familias déixano uns días xunto á súa almofada antes de lle dar ao bebé, para que a tea colla o cheiro da casa e o cativo o recoñeza de seguida.