Sete deseños coa súa frase
Cada deseño combina un personaxe cunha frase pensada para regalar:
- Un reno anxiño: «Este año me he portado bien… casi siempre» (“Este ano portéime ben… case sempre”).
- Un elfo traveso: «Yo no he sido, ha sido el elfo» (“Non fun eu, foi o elfo”).
- Un boneco de neve con lentes de sol: «Modo Navidad: activado» (“Modo Nadal: activado”).
- Unha galleta de xenxibre: «Café, turrón y buen rollo» (“Café, torrón e bo rollo”).
- Un pingüín co seu regalo: «Mi amigo invisible tiene muy buen gusto» (“O meu amigo invisible ten moi bo gusto”).
- Papá Noel coa súa cunca: «Aquí bebe alguien muy majo» (“Aquí bebe alguén moi simpático”).
- Dous polvorones abrazados: «Polvorones y tú, lo mejor de la Navidad» (“Polvorones e ti, o mellor do Nadal”).
A frase forma parte do deseño e vai tal cal, en castelán. Ti só escolles o debuxo que mellor lle vén á persoa que che tocou.