Un pequeno cofre de piñeiro, gravado para vós
É unha caixa de madeira de piñeiro con forma de cofre, tapa curva, peche metálico en ton bronce e catro patiñas. Gravamos con láser os vosos nomes e a data da voda na tapa, e a madeira queda marcada nun ton torrado que resalta sobre a veta clara do piñeiro. Mide 20 cm de longo e 7 cm de ancho e de alto, con espazo para os vosos votos matrimoniais enrolados coma un pergamiño.
Ao facer o pedido indicádesnos os nomes tal como queredes que aparezan e a data. Coidamos os acentos e as eñes para que todo quede escrito como debe.