Unha coelliña para abrazar
O seu tamaño, 40 cm, é perfecto para levala en brazos, durmir con ela ou sentala na estantaría do cuarto. A tea e as cores tranquilas dánlle ese aire clásico das bonecas de sempre, e a súa carita doce fai que os cativos a adopten de seguida como compañeira de sestas.