A xTool P3 é un láser de CO₂ refrixerado por líquido, e de vez en cando para a metade do traballo cun erro de caudal de auga baixo: COOL_WATER_MACHINE.ELEMENT_ABNORMAL.WATER_FLOW_LOW. É a máquina protexéndose: sen refrixeración suficiente, o tubo láser danaríase. Estas son as causas e como descartalas sen desmontar de máis.
Esta guía adapta ao galego a documentación de soporte de xTool sobre o erro de caudal baixo na P3.
Que significa o aviso
O tubo láser da P3 necesita un fluxo constante de refrixerante para non sobrequecerse. Un sensor vixía ese caudal e, se baixa do seguro, detén o traballo. As causas habituais:
- Firmware ou software desactualizado.
- Mezcla de anticongelante incorrecta (demasiado concentrada).
- Fluxo de auga bloqueado (tubería dobrada ou pinzada).
- Problema do sistema de refrixeración.
1. Firmware e software ao día
Actualiza o firmware da máquina e xTool Studio á última versión e reinicia. O primeiro paso oficial de case todos os erros, e o que descarta falsos positivos.
2. Revisa a mestura de anticongelante
Este é o que máis xente pasa por alto. Se a concentración de anticongelante é demasiado alta, o líquido volveuse máis espeso, circula peor e dispara o erro de caudal. Comproba:
- Que a proporción de anticongelante coincide coa recomendada por xTool.
- Que non botaches de máis ao encher o depósito.
Se sospeitas que a mestura está mal, o correcto é vaciar o depósito e enchelo coa concentración correcta. Un refrixerante demasiado denso non só dá este erro: arrefría peor.
3. Comproba que a auga circula
Coa máquina acesa, a bomba de auga debería estar funcionando de forma continua. Para velo:
- Apaga a máquina.
- Retira a tapa superior e a cuberta do tubo láser (segue o vídeo tutorial oficial para non forzar nada).
- Volve acendela.
- Preme suavemente o tubo da auga e comproba se o líquido circula.
- Se o fluxo parece normal, segue co paso 4.
- Se é débil ou intermitente, o problema está no circuíto: pasa ao paso 4.
4. Revisa as tubaxes
- Apaga a máquina.
- Retira a placa traseira (segundo o vídeo tutorial).
- Comproba se algunha tubería está dobrada, pinzada ou bloqueada.
Se atopas un tubo dobrado, recolócao. Un pregamento tras mover a máquina ou un mantemento é unha causa sorprendentemente común.
5. O sistema de refrixeración
Se tras todo o anterior o erro persiste, pode que o sistema de refrixeración necesite substitución. Aquí xa convén apoiarse no vídeo de recambio oficial e, se non te ves, abrir incidencia con xTool cun vídeo do problema.
Preguntas frecuentes
¿Podo usar auga da billa en vez de anticongelante?
Non. O anticongelante de xTool non é só para o frío: leva aditivos que evitan corrosión e crecemento de algas no circuíto. A auga da billa, a longo prazo, obstrúe. Usa o refrixerante recomendado na súa proporción.
Pásame no inverno, nun taller frío. ¿Ten que ver?
Pode. Con moito frío, unha mestura demasiado concentrada espesa aínda máis. Revisa a proporción; ese é o punto a mirar primeiro.
¿É perigoso seguir se ignoro o aviso?
Si. O aviso protexe o tubo láser, que é a peza cara. Non o forces: resolve o caudal antes de seguir.
Escriben Noemi e Javi, de Picasita. Usamos unha xTool P3 en produción desde outubro de 2025; somos afiliados de xTool. Esta guía adapta a documentación oficial da marca; o orixinal está no seu centro de soporte. Máis tutoriais e solucións.
0 comentarios